¡Hola
curmán! ¡Hola amig@ de Antón! ¡Benvidos! |
Alexandre
sí que ten sorte. Vive coma un rei na
máis
grande da cidade. Seguro que nada o que lle da a gana, claro, como ten tanta
auga na casa ...
- ¡Hola! ¡Canta auga o teu redor, curmán!
-
Pois sí.
- ¿E non terías unha pouca para que eu poida bebela? É que veño morto de sede.
-
Pois non, meu. Aínda que vedes moita auga non
creades que é ouro todo o que reloce. A maioría dela está contaminada.
- ¿Contaminada?
-
Sí. Antes vivíase ben, a xente non era tan
contaminadora coma o de agora, antes tiñamos unha tubería de desaugue que ía
directa á depuradora e entraba con auga limpa e potable. Cando tiñamos moita
fame e sede achegabámonos ata depuradora, onde tiñamos de todo. Fixádevos que
ata comiamos caviar, queixo, carne, pescado ... E agora non. Antes pasabamos
moitas noites aquí. Ata tiñamos un equipo de fútbol no que eu xogaba de
dianteiro que, non por nada, pero era o mellor. Pero dende que uns homes
cambiaron os desaugues ...
Agora nin sequera podo bañarme en auga limpa.
Antón
pensa ...
“Alexandre ten moita auga, sí, pero é auga suxa. ¿Para qué serve tanta auga se está suxa? ¿De qué serve ter auga se non podes facer uso dela? Na granxa polo menos podía nadar na charca pero aquí nin sequera podo bebela”