¡Ei! ¿Qué pasa, meus? Xa vexo, Antón, que
decidiches facerme unha visita, pero tamén vexo que non ves só, ¿quen
eres ti? |
- É amig@ meu. ¿A que mola que veñamos os dous a verte?
-¡Claro que sí!
Brais é outro dos meus curmáns que está como quere, no medio da gran pasión do tío Bieito: os coches e as motos. Na gasolineira na que vive debe de estar tan a gusto como Manel comendo queixo.
- Agora estou un pouco sedento porque viñemos algo apurados. O meu acompañante é un@ especialista para moverse dentro do mundo dos ordenadores, e por iso aterrizamos tan rápido xunto túa. ¿Tes un pouco de auga para beber?
- Hum, mal asunto eso da auga.
- ¿E logo?
- Pois por aquí haivos un pouco de contaminación. Os aceites, as gasolinas, o xabrón, as grasas, os lubricantes ... todo o que se emprega aquí, sempre se mezclan coa auga limpa, e logo ésta non é potable porque ten unha mezcla de sustancias nocivas para a saúde. Así é que os empregados e mai-lo dono de aquí collen de vez en cando intoxicacións por bebela.
Antón pensa ...
"Pois este non é tan bó choio como parecía. Porque se non podo contar con auga nun ambiente tan cargado de fumes e outros gases ... Eu necesito depurar dalgunha maneira o meu corpo e a auga é vital para iso. Non podo renunciar á auga. Eu necesito a auga para vivir, teño que beber certa cantidade de auga ó día, coma as persoas. ¿Ou ti qué pensas, compañeir@?"