Ei, colega, ¿cóntoche algún conto e dígoche logo as miñas conclusións acerca da vida cos meus curmáns? Veña, veña, pois ¡adiante!

 

Un cativo chora enriba dunha pedra, e un ratiño moi simpático achégase a el curioso

-          ¿Por qué choras meu? - pregunta

-          Pois porque non chove. E iso é moi malo – explícalle o cativo.

-          ¿E logo? – quere saber o noso rato.

-          É malo para a terra e os seus cultivos, porque a terra está seca e así non produce, e entón as plantas non medran e non hai nada que darlle ós animais e así éstos non producen, as vacas non dan leite, os cabalos ó estar débiles por non teren alimento tampouco poden levar ningunha carga, as ovellas tampouco producen e así non podemos obter manteiga para facer queixos, os coellos non teñen que comer tampouco e morren, as galiñas non poñen ovos porque aínda que comen pienso, tamén necesitan algo verde para facilitar a dixestión no seu estómago, as cabras ...

-          Para, para, amiguiño. Xa entendín o problema. Pero non te preocupes. Onte escoitei que mañá chovería.

-          ¿Seguro? – o cativo non pode evitar amosarse alborozado coa nova.

-          Sí – contesta o rato – así que non te preocupes.

-          ¿Sabes para qué me valeron estes días que non chovei?

-          ¿Para qué?

-          Para entender a importancia que ten a auga nas nosas vidas e na dos animais que nos rodean,. Antes nunca me detivera a pensalo.

-          Pois agora é unha cousa máis que sabes, e procura non esquecela.

 

 

-          Se tedes que pedir un desexo para a terra, ¿qué pediríades? – pregunta Carolina os seus amiguiños.

-          Eu que sempre fixera sol – responde Diego.

-          Eu que houbera máis árbores para poder trepar por eles – di Teresa, unha rapaza á que lle entusiasma a natureza e que é unha grande ecoloxista.

-          Eu que nunca chovera – di Andrés.

-          Pois eu non – di Manuela – Eu non pediría que non chovese.

-          ¿E iso? – preguntan extrañados os seus amigos.

-          Porque se non chove acabaría a vida de tódolos seres vivos que hai neste planeta – explícalles Manuela - ¿Non sabedes a importancia que ten a auga na nosa vida? A auga é fundamental para vivir, porque sen ella non podemos vivir, sen ela remata a vida. Se non temos auga o noso corpo deshidrátase e morreríamos.

-          Se non temos auga para nos lavar sempre andariamos suxos cheirando mal – di Diego.

-          Non poderíamos facer de comer – apunta Carolina.

-          Nin poderíamos rega-las plantas – di Teresa, a gran ecoloxista – e así non medrarían e non poderíamos ter árbores no planeta.

-          ¿Dádevos conta do papel tan importante que xoga a auga na vida? – pregunta entonces Manuela.

-          Sí – responden os demáis – Moito máis importante do que nós pensamos.

 

 REFLEXION FINAL DE ANTÓN:

Polo menos na miña granxa, eu sabía que a auga era limpa e pura. Ás veces recoñezo que tiña os seus problemas e que estaba algo contaminada pero sempre imaxinei que calquera dos meus curmáns non tería problemas con ela. Agora vexo que non é así e que en todas partes hai problemas e que non hai un sitio mellor que outro para vivir. Todos teñen os seus inconvenientes e as súas vantaxes.

Eu estaba ben na miña granxa, coas miñas cousas. E aínda que non era o mellor sitio do mundo e tiña os seus inconvenientes, tamén tiña as súas vantaxes, e isto pasa con calquera das casas dos meus curmáns. Todos teñen algo bó e algo malo co que convivir.

Eu, non podo vivir sen auga. A auga é imprescindible para a miña vida. A auga forma parte de min. Non imaxino un mundo sen auga.

Volvo a repetilo: ¡EU NON PODO VIVIR SEN AUGA!

¿E ti? ¿Poderías?