|
|
Ei
curmán, canto tempo! quen é este amig@ teu?. |
- Pois un dos meus colegas. ¡Ei, ti! Preséntate ó meu curmán.
Xurxo vive como quere, como todos os meus curmáns. A el tócalle vivir nun
piso
no que tamén vive unha familia composta polos pais e os dous fillos que
teñen.
- ¡Por fin no piso, meu! Pero veño morto
de sede.
Vou beber unha pouca de auga.
-¡Ei! ¡¡Non!! Esta auga non se pode beber, está cargada de
cloro e doutras porquerías que abdan polas tuberías.
Hai veciños que tiran
aceites, desfeitos, restos de comida,
esprais, noxentas bebidas e demais polo
fregadeiro, polo lavabo ...
e iso vai polas tuberías e estropea a auga que circula por aí. Se queres
beber, tes que desprazarte rúas máis aló da miña. Ou senón tes que
agardar a que depuren e limpen as tuberías, que a saber cando é.
- Pois qué rollo, ¿non?
- E ó peor, non podes beber aquí por uns días e tes que agardar máis de dous sen poder beber.
Antón pensa ...
" Pois
esto non está tan ben como parecía. ¡Qué gran incomodidade ter que
desprazarse tanto por un chisquiño de auga! Na granxa non era así. Alí de
cando en vez tiñamos os nosos problemas, e sempre había alguén que deixaba os
seus animais mortos preto dalgún río
,
pero por aquí tamén hai certo tipo de contaminación. alí a auga saía limpa
e clara, sen ningún tipo de porquería. E se teño
que agardar máis dun día sen poder beber auga neste piso, se enfermo e non
podo andar, ¿cómo vou poder vivir sen auga? ¡Deshidrataríame e morrería!