O Prestige é un petroleiro de 234 m de eslora que levaba 77 000 tonelada de fuel a bordo. Dicimos levaba porque, polo menos, unhas 5 000 andan polo mar de Galicia cando non nas praias e na costa. Contra o mércores 13 de novembro abriuse unha vía de auga no casco do barco cando navegaba a 50 km de Fisterra. O barco ten 26 anos e disque a causa foi a ‘fatiga do aceiro’. O temporal do mércores, o incumprimento das normas de navegación e o capitán do Prestige fixeron o resto. No seu camiño fronte ás nosas costas, o Prestige foi deixando un ronsel de fuel que formou unha xigantesca mancha de 30 km de lonxitude. Agora centos de persoas andan á procura de aves cubertas de chapapote, poñendo barreiras ao paso das manchas de fuel ou seguen a traballar nas tarefas de levar ao Prestige fóra das augas galegas. O petroleiro non conseguíu manterse a flote e actualmente descansa no fondo mariño a unha profundidade duns 3 200 m, deixando parte da súa carga de fuel aboiando fronte ás costas galegas e contaminando severamente o noso litoral.

Actividades:

Voltar á páxina principal