O fuel
____________________________________________
O fuel é un residuo líquido da destilación do petróleo, é dicir, o que queda despois de extrae-la gasolina, o queroseno e o gasóleo. A súa densidade é un pouco menor cá da auga. Emprégase en instalacións de calefacción doméstica e tamén  en pequenos fornos industriais. O seu poder calorífico é de aproximadamente 9.800 quilocalorías por quilogramo de combustible.
No caso do verquido do Prestige, o fuel é de moi baixa calidade, elaborado en refinerías tecnoloxicamente obsoletas dos países do leste. Este fuel presenta unha capacidade de contaminación enorme debido á presencia de tolueno, benceno e xofre en altas concentracións. Este tipo de hidrocarburo emprégase para o funcionamento de instalacións de alto consumo en fuel como centrais térmicas e medios de transporte pesados como buques de carga. A maior demanda deste tipo de combustible é debida a países con normas de control medioambientais mínimas (frecuentemente países empobrecidos, mal chamados países do terceiro mundo).

Investiga:

  • Busca información acerca de como se producen as diferentes fraccións do petróleo. ¿Como se obtén o fuel?
  • ¿A que temperatura se obten a gasolina, o queroseno e o gasóleo?
  • Pon por orde de maior a menor densidade os catro hidrocarburos do texto.
  • Segundo os cálculos dos expertos, o Prestige botou ó mar unhas catro mil toneladas de fuel. ¿Cantas quilocalorías poderían obterse pola combustión do fuel derramado?
  • ¿Para que pode servir toda esa cantidade de enerxía? (Por exemplo canta auga se podería ferver ou cantas casas se poderían quecer no inverno)
 

Voltar á páxina principal.

Para ampliar:

Estes días lese na prensa que o fuel é un verquido moi denso. Sen embargo o fuel flota sobre a auga, o cal quere dicir que é menos denso que a mesma. Moita xente confunde a densidade coa viscosidade. Busca información sobre as características físicas das fraccións do petróleo e responde: