O problema segue no fondo.
__________________________________________________________________



Actualmente o Prestige está afundido a uns 3 200 m de profundidade e a máis de 200 km de distancia ao Oeste das Cíes. Conserva nas súas adegas unhas 58 000 t de fuel que aínda non saíu á superficie e constitúe un perigo latente aínda maior para as nosas costas.

Actualmente estase a discutir cal pode ser a forma recuperar o fuel e minimizar o perigo. Os medios de comunicación falan de catro posibles solucións: (a) extraelo fuel mediante mangueiras ou unha plataforma petrolifera móbil, (b) encofrar os anacos do casco para que deixe de verter, (c) tapar as fisuras do casco, (d) reventar o casco e recoller o fuel na superficie.

Actividades.

Voltar á páxina principal.