PASENIÑO
Collage de Comarcas
Comarcas
Soñaremos

Medio ano despois daquel tráxico 13 de novembro Galiza comeza a desfacerse da resaca do fundimento do "Prestige".

Unha etapa marcada pola impotencia e polo traballo sen descanso.

302.367 xornadas voluntarias para acabar cun inimigo que parecia non ter fin, as miles de toneladas de fuel que chegaron ao litoral galego

Soñaremos
Soñaremos
O marisco dá vida, sen el é unha ruína.
-Sen buques anticontaminación, en Galicia non hai protección.
-Mentres Fraga de cacería, o chapapote arrasa toda-las rías.
-Choros e lagrimas invaden o pobo, por causa dun mal acordo.

No colexio de Esteiro tamén imos empapelar o colexio con novas, opinións, traballos e calquera tipo de colaboracións que xurdan da comunidade excolar.
Nesta fin de semana, algún dos mestres de aquí que fumos ás praias da comarca a recoller fuel quedamos impresionados polas gañas de colaborar d@s voluntari@s chegados de todas partes do estado (Catalunya, Andalucía, Madrid, no noso caso) xunto coas xentes chegadas de todas partes de Galicia.
Pensamos que se merecen tamén unha homenaxe e o máis fondo agradecemento pola súa solidaridade.

Supoño que todos coñecedes o mar, todos falastes algún día con el: compañeiro azul, confidente silandeiro, migalla da nosa alma, horizonte infinito do noso lar...
Escoitáde-los berros, os gritos dun mar que esmorece? Ese mar amigo chama hoxe por nós, precisa dos nosos soños para revivir...
Imos, pois, darlle eses soños, facelo sorrir de novo.
Crearemos os nosos soños con imaxes, con sons, con palabras, con sentimentos, con ilusións, con esperanzas, con bágoas...
Aquí tes algún dos elementos que podes usar como materia prima: entre todos crearemos un ou mil soños enlazados
.