A enerxia criativa que un grupo de adolescentes motivados poden desenvolver é incalculábel. E todos e todas Sabemos que as experiéncias educativas que rompen coas inércias de aula teñen un alto grao de motivación. As saídas de campo ou de estudo constituen un recurso pedagóxico óptimo para a aprendizaxe actitudinal. Tamén, por suposto, para o desenvolvemento conceptual e de valores.Consideramos que a escola debe facilitar o diálogo entre os adolescentes e a sociedade. E para o tratamento deste tema, recorrer a unha saída á zona afecta da era imprescindíbel, co obxectivo dunha inmersión real na sociedade. Cómpre sermos conscientes tamén das presentes circunstáncias históricas. Logo de anos de impás e desmobilización social xeralizada, que tamén afectaron ao ensino e ao profesorado, semella que nun momento de crise como este a comunidade educativa sente a responsabilidade de actuar no seu ámbito: a educación.
A maior parte de Sálvora e a metade das augas que rodean as Cíes xa foron exploradas. Jaime Redondo destacou a ausencia de fuel nestas profundidades. As cámaras de Choio confírmano. naquel punto, nen rasto do chapapote, que brillaba a pleno sol en moitas penas de Ons.
Consideramos que é necesário criar unha dinámica de acción que gañe forza dia a dia, que se ten que configurar non só como unha simples explosión espontánea de voluntarismo, senón como un proceso -a medio e longo prazo- de construcción de IDEOLOXIA DA PARTICIPACIÓN E DA ACCIÓN EDUCATIVA. Queremos ser profes activos/as e comprometidos/as coa nosa sociedade? Cómpre sumar a moitos compañeiros e compañeiras que até o momento se mantiveron máis pasivos/as a respeito das dinámicas sociais.
O mundo da educación vai ter moito que aportar na (re)construción dunha nova ecoloxia, ética, economia, cultura, arte, ou mesmo no proceso de normalización da língua, deste país.
A NOVA FORZA DA MOCIDADE
PASENIÑO
Collage de Cultura
Cultura

"A oposición está na láa". desta maneira, o presidente do PPdeG e da Xunta, Manuel Fraga, descalificaba a PSOE e BNG que, ao seu xuízo, tentan centrar a campaña para as eleizóns municipais en asuntos como o Prestige ou a guerra de Iraq. Con retranca o dirixinte popular instó a socialistas e nacionalistas a que "sigan noutro mundo" para que o PP fale o que é "realmente importante".
Os berros de "dimisión" dun grupo de manifestantes da plataforma "Nunca máis" precederon o mitin no que Fraga interveu onte en Betanzos (A Coruña). O presidente da Xunta non duvidou en lles chamar "gamberros" e acusar á oposición de instigar ese tipo de protestas. "A estratexia do BNG e o PSOE é dicir a todo que non e traer a catro ou cinco gamberros ás portas dos mítins", lamentou.
"Non podemos aceitar que non se podemos que hai que discutir ante os próximos comicios municipais", sentenciou Fraga durante a súa participación nun mitin en Betanzos (A Coruña). Ao seu xuízo, é un "engano manifesto" falar do Prestige ou a guerra en vez de debater sobre política municipal.
Sen embargo, o máximo dirixinte popular aproveitou o seu discurso en Betanzos para defender unha vez mais a xestión da crise do Prestige e o apoio á intervención armada en Iraq.
"O tema do sinistro do petroleiro se resolveu como habia que resolvelo ", sentenciou. Sobre a guerra de Irak, dixo que "acabou case antes de comezar".
no mitin interveu taméno presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, que defendeu que, "pasada a algarabía", se evidencia que España "está mellor que nunca".
Pola súa parte, o secretário xeral do PPdeG, Xesus Palmou, destacou en Moraña o éxito de público nos mítins do Partido Popular, feito que, ao seu xuízo, está en consonancia con un reponte desta formación política nas enquisas. Ainda asi, fixo un chamamento aos indecisos para que acudan a votar o próximo 25 de maio para "enderezar o rumo errático" dos gobernos de coalición PSOE-BNG nas grandes cidades.

A SABER O QUE ATOPAN AÍ DEBAIXO. PREFIRO NON SABELO, OU SI?
O comandante Jaime Redondo, capitán do Neptuno, e a sua tripulación dirixen desde unha sala, a través de monitores, as manobras de Choio, como chaman ao robot submarino da Armada que busca fuel nos fondos a mais de trinta metros de profundidade. Onte, Choio fixo unha demostración fronte á illa de Ons.
A xornada laboral comezou ás nove da mañá con saída desde o porto militar da Escola Naval de Marín. nunha hora, o Neptuno atopaba-se no seu destino: as augas profundas ao este de Ons. ao lonxe víanse as operacións de outros buceadores. As boias dos trasmallos atestiguaban a ausencia de problemas coa frota local.
A misión do Neptuno é recabar información científica sobre o estado do leito mariño nas augas mais profundas. O buque e a sua dotación realizan este traballo desde fai semanas, agradecidos a unhas condicións meteorolóxicas vantaxosas, que permitiron revisar o 60% da superfície mariña asignada aos buzos e o 20% da confiada ao robot.

GOBERNANTES EN MARTE
NON ESQUENCEMOS, AS BÁGOAS DA NOSA GALIZA SEGUEN AÍNDA PRESENTES NA MENTE DE TODOS NÓS
A administración ten unha prioridade moi clara: facer ver que o accidente é unha cuestión pasada e que, coas costas limpas, o problema está solucionado". Juan López Uralde, director de Greenpeace España fixo estas declaracións durante a presentación este luns do informe 'O Prestige seis meses despois'. O colectivo ecoloxista acusa á administración de tentar impoñer unha normalidade inexistente logo dunha das maiores catástrofes ambientais da historia. Avisan que logo do verán o mal tempo dificultará sacar o fuel do Prestige, denuncian a precipitación da volta á pesca, e subliñan tamén os escasos avances en materia de responsabilidade da industria e as posibilidades de que un accidente similar poida ocurrir en calquera momento. "Mentres para a industria sexa barato contaminar non mudarán as súas prácticas".
A administración ten unha prioridade moi clara: facer ver que o accidente é unha cuestión pasada e que, coas costas limpas, o problema estásolucionado". Juan López Uralde, director de Greenpeace España fixo estas declaracións durante a presentación este luns do informe 'O Prestige seis meses despois'. O colectivo ecoloxista acusa á administración de tentar impoñer unha normalidade inexistente logo dunha das maiores catástrofes ambientais da historia. Avisan que logo do verán o mal tempo dificultará sacar o fuel do Prestige, denuncian a precipitación da volta á pesca, e subliñan tamén os escasos avances en materia de responsabilidade da industria e as posibilidades de que un accidente similar poida ocurrir en calquera momento. "Mentres para a industria sexa barato contaminar non mudarán as súas prácticas".