



Ante a proximidade do Derby Galego e ante a imposibilidade de que as dúas afeizóns mostren no estadio a súa unidade ante a catástrofe do Prestige, dúas páxinas dos eternos rivais se unen hoxe con un manifesto conxunto para demostrar que o pobo galego está, ante todo, unido.


OS
DE "HAI QUE ROELO" PUXERON UN PÉ NA PROMOCION DE ASCENSO
A SEGUNDA DIVISIÓN A TRÁS VENCER AOS AFIADORES DE OURENSE
O Pontevedra sufreu,
pero finalmente obtivo unha victoria no derbi co Ourense que o deixa ás
portas da fase de ascenso. Só lle fica vencer na última xornada
ao Ávila en Pasarón, pois o Lanzarote e a Cultural, que o
superan en dous e un punto, mídense entre eles o próximo domingo.
Por contra o conxunto das Burgas perdeu as súas opcións de
xogar a Copa do Rei a próxima temporada.
De saída José Aurelio Gay apostou por unha defensa de tres
homes, Gordiño, Soria e Luismi, os únicos que tiña
disponíbeis polas baixas dos laterais Sergio e Casablanca e do central
Aláez. Perdiase poder defensivo nas bandas, onde os carrileiros eventuais,
Zafra e Xaco, son de carácter ofensivo, espécialmente o segundo.
Un risco que debía asumir o técnico, entre outras cousas porque
os pontevedreses estaban obrigados a ir a polo partido.
nos inícios notouse certo nervosismo nos granates, o que os levou
a ser precavidos. Tampouco o Ourense se mostraba cobizoso, como se aceitase
a convidación de tanteo proposta polos visitantes. Daba a impresión
de que as hostilidades tardarían abondo tempo en comezar.
Vantaxe local. Sen embargo, un erro de Soria no minuto 11 puxo a viveza
que lle faltaba ao derbi. O central tiña un balón fácil
para despexar, pero dormiu. Rubén pelexou o coiro e levoullo por
banda para quitar un centro pasado que rematou de cabeza maxistralmente
Kiko, superando no salto a Gordiño.
Un tanto que caía como un mazazo nas filas pontevedresas e carregaba
de motivación aos locais. Un minuto máis tarde é o
goleador ourensano o que centra desde a esquerda e Conget non logra rematar
ante a oportuna chegada ao corte de Zafra. Seguia o agobio vistante. Esta
vez é Kiko quen recebe na frontal e en lugar de tratar de encarar
a Moncho opta por un lanzamento que se perde demasiado cruzado.
O Pontevedra tomou alento e se refixo, gracias a dous disparos en accións
isoladas de Manu Busto, un deles obrigando a estirarse a Elía. As
bolas en longo eran a única e pouco efectiva proposta dos granates
en ataque. Alomenos até a meia hora de xogo, cando unha brillante
combinación entre Tonino, Javi Rodríguez e Padín permitiu
a este último plantarse ante o porteiro vermelliño, ainda
que estrelou o coiro contra o peito do guardameta.
Reacción pontevedresa.
O Pontevedra comezou
a crer nas suas posibilidades e ao gume do descanso Javi Rodríguez
envia ás nubes o esférico desde a frontal do área pequena
cando o máis fácil era marcar.
na reanudación o conxunto de Gay fixose coas rédeas do choque.
Diego Castro dá o primeiro aviso, pero de novo Elía quita
unha man espectacular. Non pudo evitar o gol o grande meta local no minuto
62. Penálti de Burgueña sobre Javi Rodríguez, que lle
valeu a expulsión ao ourensano, e o ariete granate non perdona desde
os once metros.
O Pontevedra embotellou a partir dese momento ao Ourense na súa parcela.
As oportunidades caían unha tras outra e, cando faltaban tres minutos,
Padín acertaba con un disparo cruzado. Entón, estalou o banquiño
granate e O Couto, porque onte estaba tomado pola afeizón pontevedresa.
Xa no último suspiro, Curiel puxo a pontiña. Ao final afeizón
e xogadores celebraron no terreno de xogo esta importante victoria

