PASENIÑO
Berros dun pobo

Título: Galiza sen vasallos

Nome: Loury ( Data: 14-05-2003 )

Estamos nun obradoiro de ciberlingua para nais e pais.
Cada un de nós imos dar a nosa opinión sobre a desgracia que nos truxo O Prestige.
A nosa Galiza sofre non soio por este tipo de catástrofes senon tamén polo avasallamento a que nos teñen sometidos dende fai milenios os nosos gobernantes.
Pensade que para poder cambia-la nosa situación deberemos cambiar tamén a nosa forma de pensare facernos máis participativos para poder acadar mellores obxectivos.
Pensemos por nos mesmos ,deixaremos de ser vasallos
dos nosos gobernantes.

Ata a próxima!!!!!!!!!

Título: A loita dum pai contra a MAREA NEGRA

Nome: josé Antonio ( Data: 14-05-2003 )

Hola somos pais de Pontevedra e a verdade que estamos moi decepcionados con estes governantes que temos . Quixeramos que esto do Pretroleiro fose so un maldito pesadelo pero a realidade supera a ficcion. Eu non son mariñeiro pero estou moi cabreado porque esto que pasou nos afecta a todos , probe mar que culpa ten el de que sempre temos que verter toda a basoira nel , despois de todo o que este nos da e xa non digamos os peixes. Quen sabe si dentro de alguns anos non estaremos todos envenados por consumir peixe en mal estado. Loitemos para poder superar esta gran Catastrofe e creo que si entre todos poñemos algo
da nosa parte . O que si teño bastante claro e a conciencia tranquila que pola miña parte eu puxen toda
a miña esperanza en que algun dia esto cambiara inda que polo de agora coa lucha dos cativos esto CAMBIARA
Ata a proxima GALIZA

Título: MEMORIA HISTORICA

Nome: boci ( Data: 14-05-2003 )

Bueno pois despois de ler todo esto non me queda moito mais interesante que aportar porque xa se dixo todo o que se podía decir. O que queda agora é seguir actuando con forza, ganas e sentimento.Con memoria e serenidade para que todo esto non se nos olvide nunca ainda que nos doia recordalo. A lección de unidade e de loita conxunta, o esforzo dos voluntarios, a paisaxe estropeada tiveron que ensinarnos algo máis que o que se vía. Deberían ternos ensinado que os cidadáns non somos gando, que os responsables políticos nunca dimiten, que o delegado de goberno da Coruña(a miña cidade) é un incompetente e...... en resumidas contas que sempre que teñamos un problema o único que podemos facer é intentar solventalo por nós mismos. Sinto desilusionar ós lectores desta mensaxe,pero parécenme leccións moi cotidianas e importantes para a vida. Ata a próxima.

Titulo: Hoxe é un gran día

Nome: Piscis (Data: 25-05-2003)

Estou ansiosa por ver os resultados de tanta miseria, tanta incompetencia, tanta desvergoña. Sesexo que todo o esforzo que temos feito en todo este tempo teña resultados satisfactorios. Teño ganas de ver que realmente este pobo comeza a despertar, que o "Nunca Máis" non son palabras que leva o vento, senón que ficou gravado nas nosas mentes para sempre.
SAUDOS MIÑA QUERIDA GALICIA, espero que desta despertaras en serio, senón non sei que vai ser de ti, seguirás sumida na miseria, na incompetencia, na desvergoña, no "Si Wuana", no conseguir un emprego a cambio dalgún favor, en que os teus fillos poidan estudar porque tes un amigo. Isto é o que te espera como aínda non deras espertado.
Un saúdo desta galega doida, pero esperanzada co futuro. Piscis

Foro