


<PERCEBE> Ola a todos e a
todas, aquí estou para que me fagades as preguntas que queirades.
<PERCEBE> Eu son percebe, un dos maiores afectados na catástrofe
dos Prestige
<PERCEBE> Quen quere comezar
<PERCEBE> Cultura por exemplo
<comarcas> Eu quixera saber en que zona vive vostede
<PERCEBE> Eu vivo na costa de Baiona
<PERCEBE> Nunhas pedriñas que hai ao lado do porto
<comarcas> Corren rumores de que ten un chalet nas Rías Baixas
<PERCEBE> Eu non teño chalet nengún, iso son falacias
<comarcas> Como comprenderá non van ser moi cribles as súas
manifestacíons para os nos lectores
<PERCEBE> Eu sempre digo a verdade
<PERCEBE> Non comecen a acusarme
<cultura> Que pensas da catástrofe despois de 6 meses
<PERCEBE> A catástrofe arruinou a miña vida
<PERCEBE> antes era moi cotizado, agora non valo nada<comarcas>
fixeron algunha manifestación cos veciños das rochas?
<PERCEBE> A xente portouse fenomenal
<PERCEBE> Cheguei a converterme nun símbolo de rebeldía
contra o goberno.
<cultura> cantos familiares ten aínda afectados?
<PERCEBE> Teño toda a familia na UVI
<PERCEBE> En Povisa
<PERCEBE> Todos negriños
<sociedade> Estimado Señor Percebe espero non incomodalo cunha
pregunta tan indiscreta pero
..a que se debeu a súa ruptura coa
Vieira Constantina
<PERCEBE> Entre Vieira e máis eu non chegou a haber nada, só
eramos amigos
<comarcas> Tivo que emigrar a súa familia?
<PERCEBE> A miña familia se se dá recuperado desta ten
pensado emigrar
<PERCEBE> Nas rochas xa non hai nada para comer
<PERCEBE> Está todo arrasado
<sociedade> Cando vai facer a próxima xira galega de Streepteese?
A comunidade mariña está impaciente.
<PERCEBE> do tema do Streepteese prefiro non falar
<PERCEBE> Era moi novo e xa se sabe
<PERCEBE> Agora xa non me adico ao mundo do espectáculo
<sociedade> Por que non? Co bo que era. Gracias pola información,
isto si que unha noticia en primicia
<PERCEBE> Ou me pagan máis ou paso do mundo do espectaculo
<comarcas> que lle diría vostede aos responsables
<PERCEBE> Aos responsables da catástrofe?
<PERCEBE> que me devolvan o meu mar e as miñas pedriñas
<PERCEBE> Que non me calan con campañas de: consume marisco galego
<comarcas> Chamoume un colega de Deportes que está nun atasco
e quere que fale un pouco da liga
<PERCEBE> A liga do percebe vai ben
<PERCEBE> O meu equipo de toda a vida vai lider
<PERCEBE> O Triple Uña
<comarcas> Pero saben que os favoritos son os Nécoras Bravas
<PERCEBE> Os Nécoras son favoritos pero este anos nen Oceanos
League nen nada
<PERCEBE> Nen a Ría Cup van xogar este ano
<PERCEBE> Pásalle como a un equipo azulgrana de Futbol humano
<sociedade> Parece un pouco triste, Síntese solo?
<comarcas> Que pensa facer agora co futuro dos seus fillos?
<comarcas> Irán a outras costas-universidades, quizais?
<cultura> Os cativos están moi preocupados pola vosa saúde
<PERCEBE> Aínda son pequeniños
<PERCEBE> Naceron despois das mareas negras
<PERCEBE> Non se enteran moito de todo o que pasou
<PERCEBE> Non coñecen outra vida
<sociedade> A min gustariame que nos contase que pensa do deporte nacional
do mundo da sociedade. Que pensa do toureo?
<PERCEBE> O toureo non me gusta
<PERCEBE> todo o que sexa matar animais por espectáculo paréceme
denigrante
<comarcas> Por qué? O negocio do toureo é moi lucrativo
para o mundo rosa
<PERCEBE> que pensarían os humanos se fixesemos con eles o mesmo
que eles fan cos touros?
<cultura> Cultura está de acordo con Percebe. É un espectáculo
denigrante.
<deportes> Tes que gardar dieta ou te vas ver dentro dunha ola rapidamente
<PERCEBE> Gordo eu?
<PERCEBE> Estou no meu peso de sempre
<PERCEBE> Eu non son Ronaldo, ehh
<comarcas> Corren rumores de que vos van botar como unha especie de
líquido para poder capturarvos antes
<PERCEBE> Espero que non fagan iso do líquido
<cultura> Que é o que tes de dieta?
<PERCEBE> Teño alguiñas frescas para todos os días
<sociedade> Sabe que algunha xente se come os percebes? Que pensa diso?
<PERCEBE> Como se van comer os percebes, que asco!!! Puag
<PERCEBE> Ben, sintoo deixarvos, pero teño que marchar
<PERCEBE> Teño que ir ao porto a coller a Ghamela que me leve
a Baiona
<PERCEBE> Que alí teño outra rolda de prensa
<PERCEBE> Gracias por preocuparvos pola nosa situación e ata
a proxima.



