PASENIÑO
Estou farta de que teña que falar de que etou farta pero agora mesmo non teño ningunha protesta. Seguramente non reciva moitas mensases así de optimistas, pero gústame a miña cidade, pois a deixaron moi acolledora e non e tan agobiante como antes, que había moito tráfico.
Estou farto de ...
Correo
Estou farto de:

As mentiras
A caixa tonta
Os políticos
Os pensamentos encadeados
As manipulacións
O cárcere
A apatía
O pasotismo
De tantas e tantas cousas..........

Querido director:
Estou farto de tantas mentiras que se están a contar estos días na prensa en relacción coas noticias do chapapote. Din que as nosas praias están totalmente limpas , sabemos todos que o maldito PRETOLEIRO sigue vertendo fuel e o máis grave, que estes gobernates non poñen remedio a este tema ata depois do verán . Eu me pregunto se algún déa lograremos ter o noso litoral
Limpo.

Estou farta de........

Non poder pasear pola beira do río sen sentir, ó chega-la noite, que non queda una soa parte do meu corpo que non recibira unha picadura dun becho.
¿É que cando éramos pequenos tiñamos na pel algo que os evitaba?
Non recordo pasalo tan mal, nin despertar pola noite con esa comezón que parece non ter fin.
¿É que os bechos mutaron de tal maneira que cando pican, pican con xemellante veneno que sintes todo o corpo como nunha caldeira?
Gostaríame que se puidera inventar algo para evitar esas picaduras, pero que ao mesmo tempo non fixera dano á pel.