

O
vento asubía entre un carballo que medra na cidade de Pontevedra paseniño
a paseniño. As formas que describen as polas danzan cunha sombra onde
o transfondo pedagóxico deste obradoiro deixou que os propios pais
e nais foran os protagonistas da súa aprendizaxe, da elección
da metáfora que quixeron sementar.
Poderiamos falar dunha concepción
posmoderna da figura do artista, o alumnado traballou os contidos do obradoiro
a través do fío conductor dos xornais, desenvolvendo e implicándose
dende o principio nos roles de xornalistas que construiron o seu coñecemento
cunha compoñente lúdica fusionada co traballo individual pero
desembocando no moldeamento dunha obra en conxunto, como é este sitio
na web. Cada alumno convertiuse nun xornalista responsable dunha sección
(sociedade, comarcas...) decidindo por consenso o formato do xornal, o título
e o tema común sobre o que ían traballar: A catástrofe
do prestige.
O proxecto "collage de xornais"
é unha obra contemporánea na que os artistas foron tinguindo
de cores e formas os contidos aplicandoos dunha forma práctica como
poderemos observar na lectura non lineal entre os carballos deste entorno
multimedia que eles deseñaron.
Fragmentaremos a presentación
dos temas tratados para ofrecer unha panorámica máis clara,
pero isto non que o tratamento dos contidos non estean todos relacionados
na linguaxe multimedia que caracteriza Internet. Podemos falar de dúas
grandes áreas, Información e Comunicación, cun nexo que
é común no obradoiro: A formación onde os programas en
galego son un pilar esencial (Navegador Opera e mIRC)
INFORMACIÓN.
" Navegación nun principio guiada por xornais. Creación
de cartafoles nos marcadores por categorías.
" Diferencias e semellanzas entre soporte dixital e soporte en papel,
salientando a interacción .
" Buscadores. Buscas de xornais e outras informacións para a montaxe
dos seus artigos. Trazáronse distintos itinerarios onde as galerías
de información visual foron as máis visitadas.
" Tratamento de texto e imaxes. Gardar e montar unha nova a partir de
fragamentos atopados en distintos xornais, portais, galerías... na
rede.
COMUNICACIÓN.
" Correo electrónico. Configuración da conta e envío
ó director do xornal queixas como cidadáns. Envío dos
artigos feitos sobre o Prestige.
" Foro. Visita a varios analizando as características e participación
nun seguindo ca mesma temática.
" Chat. Coñecemento do seu uso a través de tres xogos:
- Entrevista a unha personaxe. Eleximos un percebe como afectado directo na
catástrofe do Prestige. Cada xornalista preguntou en relación
coa súa área dentro do xornal.
- Adiviñar unha personaxe misteriosa.
- Casposo. Consiste en crear unha personaxe do famoseo barato entre todos,
onde os xornalistas se van pasando "a pelota" de escritores.
Os monitores de Ciberlingua felicitan os pais e nais que se implicaron dende o principio neste proxecto e crearon o seu PASENIÑO.


