Volta ao inicio de Ciberlingua
entidades que participan: concellos de Ferrol, Pontevedra, Vigo, Santiago, Lugo xunto coa AS-PG, CIG-Ensino e Galego21.org
¿ que é ?
¿ que facemos ?
¿ que fixemos ?
cartafol de prensa
recursos educativos

correo
mapa da web

¿Qué é ciberlingua?
¿Que é? Participantes e obxectivos Accións formativas Producción e difusión de materiais
Información Tipos de obradoiros Enderezos e teléfonos de contacto
¿ Quen fai posible ciberlingua ?

A Coruña

 

Lugo

¿Que é ciberlingua?

Ciberlingua é un proxecto dinamizador que tende unha ponte entre a comunidade escolar e a lingua galega a través da rede, achegando as potencialidades educativas das tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) nas que é cada día máis necesario termos unha voz galega e en galego.

Ciberlingua é froito da suma de esforzos e vontades de varios concellos e asociacións e ten vocación de medre: das cinco localidades onde se realizou a primeira edición (2001-2002), esténdese no curso 2003-2004 a catorce puntos da nosa xeografía e á participación de trece entidades.

A mesma liña de crecemento tamén se traduce na variedade de propostas de actividades e contidos que ano a ano van contribuíndo a formar unha masa crítica de usuarios/as da rede en galego.

[arriba]


Participantes e obxectivos

As máis de 3.500 persoas que participaron nas dúas primeiras edicións de Ciberlingua, profesorado, alumnado e pais e nais, son un bo principio para a estabilidade e continuidade do proxecto, fundamentais para alcanzar os obxectivos propostos:

==> Demostrar que a lingua galega é útil para realizar actividades atractivas.
==> Procurar a galeguización de contextos habituais na mocidade.
==> Crear novos espacios de comunicación en galego nos que xa se introduzan en galego de maneira natural.
==> Ofrecer información dirixida ao cambio de actitudes.
==> Achegar á mocidade experiencias en galego que resulten ben valoradas.
==> Contribuír á elaboración de contidos galegos para a rede.

[arriba]

Accións formativas

O eixo central de Ciberlingua é a formación de usuarios/as activos/as da rede na comunidade escolar en sentido amplo. Conseguir isto significa traballar co profesorado, co alumnado, cos pais e nais, coa asociacións que os agrupan e cos espacios en que se moven. Significa tamén ofrecer unha liña de formación que procura:

  • Dar a coñecer as ferramentas e os recursos dispoñibles en galego
  • Promover a súa utilización no ámbito escolar
  • Fornecer os coñecementos necesarios para crear novos recursos e ferramentas.

Deseñáronse distintas modalidades de obradoiros para profesorado, integrables no currículo profesional e cun sentido de progresividade: comezamos introducindo o uso da rede para chegar a un coñecemento máis especializado das ferramentas ou á producción de materiais multimedia propios.


Iniciación a Internet
Aplicacións Didácticas Multimedia
Elaboración de Materiais Didácticos Multimedia Nivel I
Elaboración de Materiais Didácticos Multimedia Nivel II
CLIC


O alumnado é realmente o destinatario último de todas as accións formativas devanditas, pero, ademais dirixímonos a este colectivo fundamental programando sesións de navegación nas que poden descubrir novos usos, intereses, recursos, ferramentas, etc., nun medio próximo á súa realidade. Esta oferta inicial amplíase tamén desde o curso 2003-2004 con obradoiros de animación informática nos que se afonda no uso das ferramentas para facer posible descubertas propias.

A oferta formativa complétase cos obradoiros de Internet e Xestión de asociacións, dirixidos a asociacións de pais e nais de alumnos e/ou calquer outro tipo de asociacións, como fórmula para achegarlles recursos útiles no seu funcionamento e, asemade, incidir en que ese funcionamento sexa cada día máis en galego.

[arriba]


Producción e difusión de materiais

Ademais das accións formativas presenciais, Ciberlingua produce e difunde materiais informativos e formativos en galego e desde unha perspectiva galega, que se distribúen entre os participantes, nos centros escolares, nas asociacións ou mesmo nos cibers e aulas de informática, e que tamén se poñen ao dispor de toda a comunidade no sitio web do proxecto:

  • Paquete de programas en CD no que se inclúe a versión galega do navegador Opera e doutras ferramentas para transferir arquivos, comprimilos, participar en charlas, etc., elaboradas por Galego21; ferramentas puramente lingüísticas, como os correctores, para crear actividades educativas propias...
  • Navegándomos, o primeiro manual de Internet en galego pensado especialmente para o ámbito en que se desenvolve o programa: con exemplos acaídos e pertinentes e nunha linguaxe sinxela.
  • Guía de recursos para o profesorado, asociada ao manual, fornece unha ampla listaxe de sitios de interese.
  • Guía de recursos para o alumnado que inclúe enderezos clasificados sobre deportes, música, banda deseñada, literatura, xogos, ciencias, medios...
  • Apuntamentos para os obradoiros de materiais multimedia, que se entregan ao profesorado participante para que conte cunha guía de traballo.
  • Xogos en liña: Alén dos faros, TriviaLingua, Ciber-Rallie. Propostas que nas sesións de navegacións ou nas aulas permiten traballar os contidos da nosa cultura e da nosa realidade de maneira dinámica e atractiva.
  • Unidades didácticas multimedia de materias diversas, elaboradas polo profesorado participante nos obradoiros e ao dispor de toda a comunidade desde a web.
  • CiberNós. Actividade que se incorpora no curso 2003-2004 e que sitúa ao alumnado na década dos 30, de especial interese para a cultura galega, para traballar contidos educativos de lingua, historia, arte, xeografía... dun xeito diferente e amento. Recréanse situacións e documentos que axuden a interpretar a realidade sociocultural e política desa época. A participación nesta actividade é por grupos baixo a titoría dun docente e un xurado de especialistas proclama ao final do curso o grupo gañador con base nunhas normas e baremos de puntuación públicos. <http://www.ciberlingua.org/cibernos>
  • Aplicación para a creación de xornais dixitais nos centros de ensino. Ferramenta permanente para a creación, sen necesidade de amplos coñecementos informáticos, de medios de comunicación escolares, na liña do obxectivo de promover a construcción do espacio comunicativo galego na rede. <http://www.ciberlingua.org/ciberxornal>

[arriba]


Información

Un elemento fundamental de difusión dos obxectivos de Ciberlingua e de convocatoria das actividades é o sitio web <www.ciberlingua.org>, onde calquera persoa pode accede á información e aos recursos de maneira cómoda e doada. A páxina de Ciberlingua vaise convertendo pouco a pouco, coa contribución de formadores e participantes, nun portal útil para o ámbito educativo, que serve para dar a coñecer os resultados de accións formativas propias -como o Paseniño, elaborado polos pais e nais-, os materiais que se producen e os programas que se empregan e, ademais, que se pode converter nunha canle para o intercambio entre os membros da comunidade escolar.

Ciberlingua edita tamén nas sucesivas convocatorias materiais informativos -folletos- e publicitarios -alfombras, carteis...- que pretenden contribuír ao coñecemento social do proxecto e á difusión dos seus obxectivos.

Ademais, todas as entidades promotoras de Ciberlingua son puntos de información permanente sobre o proxecto:

[arriba]

Tipos de obradoiros

Tipo de Obradoiro
Contidos
Duración
Requisitos de Matrícula

Internet para o profesorado.

Concepto de Internet. Manexo do navegador (Opera ). Correo electrónico, chat, foros e roldas. Compresión/descompresión de arquivos. Arquivos PDF. Aplicacións da rede. 20 horas manexar, con soltura, un procesador de textos

Aplicacións didácticas multimedia para o profesorado

Profundación no uso do navegador Opera, correo electrónico, chat, foros e roldas. Aplicacións didácticas da rede.Traballo por proxectos. Uso educativo das novas tecnoloxías 20 horas ter cursado o obradoiro de nivel I ou ter suficientes coñecementos de Internet.
Materiais Didácticos Multimedia para o profesorado Introducción á multimedia. Deseño de páxinas web. Retoque fotográfico. Xestión da web. Elaboración de materiais didácticos. 30 horas ter coñecementos amplos de Internet
CLIC para o profesorado Presentación do CLIC. Funcións e actividades do CLIC. Elaboración de paquetes educativos. 22 horas ter coñecementos amplos de informática.
Internet para Alumnado do primeiro ciclo de secundaria Concepto de Internet. Manexo do navegador (Opera ). Correo electrónico, chat, foros e roldas. Compresión/descompresión de arquivos. Arquivos PDF. Aplicacións da rede. 16 horas manexar, con soltura, un procesador de textos
Internet para Asociacions de nais e pais ou outro tipo de asociacións Concepto de Internet. Manexo do navegador (Opera). Correo electrónico, chat, foros e roldas. Compresión/descompresión de arquivos. Arquivos PDF. Recursos na rede para Asociacións. Programa de Xestión de datos. XestorA
20 horas manexar, con soltura, un procesador de textos.

 

Para o alumnado tamén desenvolveremos as Sesións de Ciberlingua nas que os rapaces e as rapazas de 1º ciclo da ESO, dentro dun ambiente lúdico, van utilizar recursos informáticos en galego. Para isto imos contar coa colaboración dalgúns cibers co fin de levar esta actividade a un lugar habitual para os máis novos.

[arriba]

Se estás interesado ou interesada en participar en Ciberlingua podes dirixirte a :

Concello de Ferrol
Gabinete de Normalización Lingüística
Casa do Concello
Tfno.: 981 944 000, ext. 208
981 944 014
gnl@ferrol-concello.es

Concello de Santiago
Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago
Casa do Concello
Tfno.: 981.542.409
dlg@aytocompostela.es

[arriba]

Concello de Pontevedra
Departamento de Lingua galega
Chalé Fontoira
Praza do Campo do Boi, s/n
Tfno.: 986.863.157
normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es

Concello de Vigo
Oficina de Normalización Lingüística
Casa do Concello de Vigo
Tfno.: 986.810.281
ofi.normalizacion@vigo.org

[arriba]

Concello de Ribadeo
Servizo de Normalización Lingüística
Casa do Concello de Ribadeo
Praza de España, 1
27700 Ribadeo
Tfno: 982 120 701 / 982 128 650
xaviercampos@ribadeo.com

Concello de Cambre
Concellalía de Educación e Normalización Lingüística
Adro nº1 C.P. 15660 Cambre
Tfno: 981 613 193
cruniamaris@hotmail.com

[arriba]

Concello de Oleiros
Centro Cultural A Fábrica
Peirao do Inglés, s/n
15172 - Perillo - Oleiros
Tfno: 981636598
Fax: 981639592
turismo@oleiros.org

Concello de Betanzos
Departamento de Política Lingüística
Centro Cultural Santo Domingo
R/ Emilio Romay,1 - 15300 Betanzos
Tfno: 981771300 / 981770100
fernanda.rojo@betanzos.dicoruna.es

[arriba]

Concello de Carballo
Servicio de Normalización Lingüística
Praza do Concello s/n
15100 Carballo.
Tfno.: 981 704 704
normalizador@carballo.org

Concello de Ames
Concello. Tfno.: 981 883 002
Oficina de información xuvenil de Bertamiráns
(Casa da Cultura). Tfno.: 981 815 801
Casa da Cultura do Milladoiro. Tfno.: 981 535 940
culturaedeportes@concellodeames.org

Aula de Ciberalia na Coruña
Avenida Finisterre 109
15004 A Coruña
Tfno. 981.27.93.23
coruna@ciberalia.com

Aula de Ciberalia en Lugo
Rafael Vega 12
27002 Lugo.
Tfno. 982.25.14.36
lugo@ciberalia.com

Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
Rúa de Laracha 9, baixo
15001 A Coruña
Tfno.: 981.278.259
informacion@as-pg.com

[arriba]


Confederación Intersindical Galega-Ensino (CIG-Ensino)
Avda de Lugo 209 ench.
Tfno.: 981.576.800
981.575.839

cig-ensino-gz@cig-ensino.org

Ciberlingua
ciberlingua@ciberlingua.org
http://www.ciberlingua.org

[arriba]


galego21.org
http://www.galego21.org
ciberlingua@galego21.org

[arriba]

http://www.Ciberlingua.org

Concello de Ferrol