|
Xa temos unha
idea que comeza a ter entidade propia, trátase de agora de
que comece a ter forma. Esta forma definirase mediante bocetos que
concreten os diferentes aspectos da futura páxina: apartados,
estructura de navegación, cores, formas, finalidades formativas...
Un bo boceto é a base dun bo material, así que traballamos
primeiro sobre bocetos deseñados ad hoc ou bocetos de alumnos
de obradoiros anteriores, analizando como foron recollendo os diferentes
elementos da proposta e de que xeito guiarán o traballo final
de plasmación do proxecto. Trala análise, cada alumno
sobre papel elabora os bocetos iniciais do seu proxecto.
|