|
O
uso do navegador, a www.
O
uso de buscadores.
O
manexo do correo electrónico.
Outras
ferramentas de comunicación: foros, roldas e bate-papo.
Gardar-tratar
información.
Proxectos
educativos na rede.
O uso do
navegador, a www.
No traballo
co navegador perséguense dous obxectivos fundamentais: tanto
un dominio das habilidades instrumentais básicas para o manexo
do mesmo como un coñecemento e familiarización con
webs de interese xeral e educativas en galego. Neste sentido, ó
mesmo tempo que se traballan as diferentes funcións do navegador,
terase como base este tipo de páxinas cubrindo así
o dobre obxectivo sinalado.
Para a selección
das URLs dispomos de diferentes fontes: á Guía
de Recursos de Ciberlingua, a selección
de páxinas educativas elaborada pola monitora Ana Hermida...
Propostas de
actividades co navegador:
Proposta1
Proposta2
O uso de buscadores.
Todo o traballo
con buscadores se
orientará a adquirir habilidades para o seu manexo como ferramenta
no quefacer educativo, con actividades centradas nas utilidades
dos buscadores como apoio na labor docente.
Propostas de
actividades cos buscadores:
Proposta
1
Proposta2
O manexo do correo
electrónico.
Neste caso preténdese
que ó mesmo tempo que aprenden a manexar o correo, tomen
conciencia das súas posibilidades como medio de comunicación
e intercambio dentro do ámbito educativo.
Proposta de
actividades co correo electrónico:
Proposta
1
Proposta
2
Outras ferramentas
de comunicación: foros, roldas e bate-papo.
Moitos
mestres adoitan ter unha serie de prexuízos hacia as charlas
en liña, como actividade puramente ociosa, sen valor formativo
de ningún tipo. Posto que se trata dunha actividade moi usual
entre a xuventude, a escola non debería cerrarlle as súas
portas, senón aproveitar o seu potencial motivador para chegar
ós xoves. Tratamos pois de facerlles ver as posibilidades
educativas desta ferramenta.
Un
xeito de facelo e manexar o bate-papo a traveso dalgunha aplicación
didáctica real do mesmo. Por exemplo a que atopamos en http://www.edugaliza.org/misterioso
Levamos a cabo a proposta facendo toda a simulación e unha
vez rematada a sesión, ofreceremos a URL orixinal, facendofincapé
nos obxectivos educativos que unha dinámica deste tipo pretende
conseguir.
En canto ós
foros, visitanse distintos foros de temática educativa e
incluso se pode abrir un debate do grupo nalgún deles (http://www.xesnet.com/paxinas/foros/leerforos.php?Id=82).
O mesmo pasa coas roldas (nivel II), que son creadas para a comunicación
interna do grupo, de xeito na aprendizaxe do seu manexo se entre
nas dinámica de comunicación que xeran.
Gardar-tratar
información.
Á hora
de traballar o manexo dos diferentes tipos e formatos de información
que podemos atopar en Internet, debemos procurar que os documento
elixidos sexan de interese para os nosos destinatarios, de tal xeito
que ó mesmo tempo que aprenden o manexo das diferentes ferramentas
(Adobe, WinRar...), tomen conciencia das posibilidades que ofrecen.
Indicamos unha serie de documentos que puideran ser útiles.
De todos xeitos, en cada grupo teremos un público diferente
e provinte de distintos ámbitos, ó que deberemos adaptarnos
en cada caso tentando ofrecerlles recursos adaptados ós seus
intereses e necesidades.
Páxinas
con recursos en varios formatos:
Vocabularios e léxicos de varios ámbitos do saber
do Servicio de Normalización Lingüística da
USC (formato .html, .zip, e .pdf).
http://www.usc.es/~snlus/vocab.htm
Biblioteca Virtual Galega.
http://bvg.udc.es
> Obras dispoñibeis para lectura.
Descargas sinxelas .html:
Biblioteca Virtual da Literatura Universal en Galego.
http://www.bivir.com
> relación de obras.
Obras
da literatura galega no proxecto Tomiño.
http://milprimaverasmais.org/tominho/obras.php
PDF:
Descargas da biblioteca de La Voz de Galicia (moitos dos ficheiros
están tamén comprimidos en .zip).
http://www.lavozdegalicia.es/biblioteca
Descargas
da biblioteca de CulturaGalega.org (documentos de múltiples
áreas: literatura, música, banda deseñada,
arte, historia...).
http://www.culturagalega.org/biblioteca.php
Itinerarios
en Edugaliza. Recursos e itinerarios educativos nas distintas
comarcas galegas. Ver por exemplo o Morrazo.
http://www.edugaliza.org/sala/lugares/index.html
FORMATOS OFFICE:
o Materiais descargables de Xerais. Deseños curriculares
e propostas didácticas variadas para os diferentes niveis
educativos. Documentos de Word e Excel.
http://www.xerais.es/materiais/materiais.htm
Proposta de
actividades de gardar-tratar
información.
Proxectos educativos
na rede.
Traballamos
con comunidades educativas, e o noso obxectivo non só é
o desenvolvemento de habilidades instrumentais de manexo de ferramentas,
senón tamén e principalmente a súa aplicación
ó ensino unha vez rematado o curso. Isto implica necesariamente
dar a coñecer aqueles sitios da rede que desenvolven proxectos
de tipo educativo. Algúns dos tipos de proxectos cos que
traballamos son: o programa Clic, as Webquest, portais educativos,
xogos e materiais educativos na rede...
Análise
de proxectos
educativos na rede.
|