|
Lograr que os
nosos alumnos, usuarios da rede a un nivel moi básico, comprendan
o que é o Protocolo de Transferencia de Ficheiros e a súa
diferenciación do protocolo WWW sobre a base dunha explicación
teórica é moi difícil. Son conceptos moi abstractos
para quen non ten unha bagaxe previa de coñecementos sobre
o xeito en que se transmite a información na rede e os distintos
protocolos.
Sen embargo, a experiencia real de coller os ficheiros .html que
foron creando ó longo dos sucesivos día, subilos á
rede mediante un programa de ftp e comprobar que inmediatamente
están accesibles en remoto a traveso dun navegador, permite
vivenciar a transferencia de ficheiros e comprender facilmente o
que é o protocolo ftp. Por suposto e para posteriores utilizacións
do ftp, élle proporcionada unha guía
básica do seu manexo e parámetros a introducir
(nome do servidor, nome de usuario e contrasinal).
|