é un novidoso proxecto de dinamización do uso do galego
que tenta chegar á comunidade educativa a través das
tecnoloxías da información e da comunicación
(TIC). Ciberlingua é froito da suma de esforzos e vontades
dos concellos de Vigo, Pontevedra, Santiago, Lugo e Ferrol xunto
coa Asociación Sócio-Pedagóxica Galega (AS-PG),
a Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino)
e galego21.org
Dende Ciberlingua
preténdese desenvolver unha actuación que
integre os membros da comunidade educativa (profesorado, pais/nais
e alumnado) nun proxecto formativo coherente e continuo.
Ciberlingua
tenta lograr dous ambiciosos obxectivos:
Por unha banda levar a escola á sociedade da información
e comunicación, introducindo nela as TIC a través
de accións formativas dirixidas ao profesorado, ás/aos
nais e pais e ao alumnado. Por outra banda preténdese lograr
a normalización lingüística consolidando o
galego como lingua habitual en todos os ámbitos comunicativos
e tecnolóxicos.
Logo do éxito
de participación e de difusión que tivo o ano pasado
Ciberlingua, pódese visitar
a web do curso pasado en http://www.galego21.org/ciberlingua
, nesta nova andaina amplíanse horizontes e propóñense
máis actuacións :
Realizaranse
Obradoiros de Internet para o profesorado en 2 niveis, nivel I
e nivel II. Isto permitiranos adaptarnos aos coñecementos
previos que ten o profesorado.
Continuaremos
convocando os Obradoiros para nais e pais, para que estes se acheguen
á rede desde unha óptica galega.
Introduciremos
Obradoiros de materiais educativos multimedia dirixidos ao profesorado
que queira aprender a elaborar ferramentas informáticas
para a aprendizaxe.
Outra das
novidades deste curso van ser os Obradoiros de CLIC pensados para
o profesorado que queira traballar con este software informático
nas súas aulas.
Podes ver
en máis profundidade os contidos
de cada tipo de Obradoiro na
seguinte táboa:
|
Tipo
de Obradoiro
|
Contidos
|
Duración
|
Requisitos
de Matrícula
|
|
Internet
para o profesorado.
Nivel I
|
Concepto
de Internet. Manexo do navegador (Opera ). Correo electrónico,
chat, foros e roldas. Compresión/descompresión
de arquivos. Arquivos PDF. Aplicacións da rede. |
17
horas |
manexar,
con soltura, un procesador de textos |
|
Internet para o profesorado.
Nivel
II
|
Profundación
no uso do navegador Opera, correo electrónico, chat,
foros e roldas. Aplicacións didácticas da rede.Traballo
por proxectos |
17
horas |
ter
cursado o obradoiro de nivel I ou ter suficientes coñecementos
de Internet. |
| Materiais
Didácticos Multimedia para o profesorado |
Introducción
á multimedia. Deseño de páxinas web.
Retoque fotográfico. Xestión da web. Elaboración
de materiais didácticos. |
30
horas |
ter
coñecementos amplos de Internet |
|
CLIC para o profesorado |
Presentación
do CLIC. Funcións e actividades do CLIC. Elaboración
de paquetes educativos. |
22
horas |
ter
coñecementos amplos de informática. |
|
Internet para nais e pais |
Concepto
de Internet. Manexo do navegador (Opera). Correo electrónico,
chat, foros e roldas. Compresión/descompresión
de arquivos. Arquivos PDF. Recursos na rede para pais e nais.
|
17
horas |
manexar,
con soltura, un procesador de textos. |
Para o alumnado
desenvolveremos as Sesións de Ciberlingua nas que os rapaces
e as rapazas de 1º ciclo da ESO, dentro dun ambiente lúdico,
van utilizar recursos informáticos en galego. Para isto
imos contar coa colaboración dalgúns cibers co fin
de levar esta actividade a un lugar habitual para os máis
novos.
Toda esta
oferta formativa complétase coa edición de material:
Navegándomos (guía de introducción a Internet),
CD con software galego, Guía de recursos, etc.
Se
estás interesado ou interesada en participar en
podes dirixirte a :
Concello
de Ferrol
Gabinete de Normalización Lingüística de Ferrol
Casa do Concello de Ferrol
Tfno.: 981.336.795
981.336.700 ext.: 179
gnl@ferrol-concello.es
Concello
de Lugo
Concellaría de Cultura e Educación
Casa do Concello de Lugo
Tfno.: 982.297.257
Concello
de Santiago
Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago
Casa do Concello
Tfno.: 981.542.409
dlg@aytocompostela.es
Concello
de Pontevedra
Departamento de Normalización Lingüística
Chalé de Fontoira
Praza do Campo do boi, s/n
Tfno.: 986.863.157
normalizacionlinguistica@concellopontevedra.es
Concello
de Vigo
Oficina de Normalización Lingüística
Casa do Concello de Vigo
Tfno.: 986.810.281
ofi.normalizacion@vigo.org
Asociación
Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
Rúa de Laracha 9, baixo
15001 A Coruña
Tfno.: 981.278.259
informacion@as-pg.com
Confederación Intersindical
Galega-Ensino (CIG-Ensino)
Avda de Lugo 209 ench.
Tfno.: 981.576.800
981.575.839
cig-ensino-gz@cig-ensino.org
galego21.org
http://www.galego21.org
ciberlingua@galego21.org
http://www.
.org